ATG · Asociación de Trombonistas de GaliciaATG · Asociación de Trombonistas de Galicia
EntrarAsóciate
Todas as persoas participantes do I Encontro tocando xuntas no escenario

A asociación

Xuntando os trombonistas Galegos.

Nun país con tantas bandas, conservatorios e escolas seguía sen haber un lugar onde as trombonistas se coñecesen. A ATG nace para cambiar este panorama.

Un profesor explicando cun xesto durante unha masterclass

Como funciona

Por trombóns e para trombóns.

Nace e organízase por trombonistas coma ti. O que se recada en cotas e inscricións vai para partituras, ao aluguer de salas, aos materiais de préstamo e gastos das persoas das que disfrutamos nas masterclasses.

Serás parte da asociación, e poderás asistir á Asemblea Xeral anual en donde se toman as decisións máis importantes.

Xunta directiva

A composición da xunta publicarase aquí en breve.

Documentación pública

Os estatutos, as contas e as actas publicaranse aquí cando estean aprobados.

Se tocas o trombón en Galicia, isto tamén é teu.

Vantaxes de socia

Que gañas ao facerte socia ou socio

A cota sostén a asociación, pero tamén volve a ti.

  • Descontos nas tendas de música

    Prezos especiais nas principais tendas de música de Galicia.

  • Descontos nos luthiers

    Nos luthiers de vento metal: mantemento, axustes e reparacións do teu instrumento por menos.

  • Encontros e eventos máis baratos

    Desconto na inscrición aos encontros e demais eventos da asociación.

  • 200 GB

    O teu correo @trombonistas.gal

    Conta teu-nome@trombonistas.gal no Google Workspace da asociación, con 200 GB de espazo para ti. Úsaa para o que precises: tamén para gardar copia das fotos do teu móbil.

  • A túa páxina na web

    Ficha persoal no espazo Socias, co teu propio enderezo: trombonistas.gal/teu-nome-apelido. Foto, instrumento, redes e vídeos.

Ver as vantaxes

A cota son 40 € ao ano, 20 € se es menor de idade.

Asóciate
A asociación · ATG