40€ / ano
Para calquera persoa maior de 18 anos que toque o trombón, con ou sen dedicación profesional.
Darme de alta


Asociación de Trombonistas de Galicia
Profesionais, estudantes e xente que toca por gusto. Se tocas o trombón, o teu lugar é este.
Vantaxes de socia
A cota sostén a asociación, pero tamén volve a ti.
Prezos especiais nas principais tendas de música de Galicia.
Nos luthiers de vento metal: mantemento, axustes e reparacións do teu instrumento por menos.
Desconto na inscrición aos encontros e demais eventos da asociación.
Conta teu-nome@trombonistas.gal no Google Workspace da asociación, con 200 GB de espazo para ti. Úsaa para o que precises: tamén para gardar copia das fotos do teu móbil.
Ficha persoal no espazo Socias, co teu propio enderezo: trombonistas.gal/teu-nome-apelido. Foto, instrumento, redes e vídeos.
A alta faise en liña. Podes domiciliar a cota na túa conta; renóvase soa cada ano ata que decidas o contrario.
40€ / ano
Para calquera persoa maior de 18 anos que toque o trombón, con ou sen dedicación profesional.
Darme de alta20€ / ano
Metade de cota ata os 18 anos. O mandato do banco asínao o pai, a nai ou o titor legal.
Darme de alta
A asociación
A ATG naceu para que coñecernos entre nós non dependa de coincidir por casualidade.
O obxectivo e organizarmonos encontros, traermos xente interesante, crear agrupacións e abrir as portas a calquera que teña un trombón na casa.
Non somos unha asociación illada: estamos todos os que tocamos o trombón.
Agora mesmo non hai nada convocado. Cando haxa un encontro, un concerto ou unha masterclass, sairá aquí.
Propoñer unha actividade
Todas as idades
No mesmo atril xúntanse cativos que participan por primeira vez e profesionais de orquestra e banda. Non é un accidente: é o que buscamos. COMPARTIR.





Aínda non hai álbums. Cando pase o próximo encontro, as fotos e os vídeos estarán aquí.
Tes fotos? MándanolasEscríbenos se tes calquera dúbida.
Contacto