Axenda · Concurso
I Concurso de Trombón da ATG
Catro categorías, do ensino elemental ao trombón baixo profesional, aberto a trombonistas de calquera nacionalidade. Gratis para socias e socios da ATG.
Cando e onde
- Data
- Sábado 19 e domingo 20 de decembro de 2026
- Comeza
- ás 10:00
- Lugar
- Colexio Salesianos - Cambados
O primeiro concurso de trombón da ATG, dentro do II Encontro de Trombóns. Aberto a trombonistas de calquera nacionalidade, en catro categorías: José Casal Sueiro (ensino elemental), Dani Portas (ensino profesional), Grao Superior e Petur Eiriksson (trombón baixo). Podes presentarte a máis dunha.
Nas finais con piano podes vir co teu pianista ou pedir o da organización. Os premios ofrécenos as marcas, tendas e obradoiros colaboradores da ATG.
Repertorio, requisitos e o resto das condicións, nas bases do concurso.
Inscrición
Inscrición: 50 €. Gratis para socias e socios da ATG.
As persoas socias da ATG coa cota ao día non pagan inscrición. Faite da asociación.

