Legal
Política de privacidade
Última actualización: setembro de 2026.
Esta páxina explica que datos persoais recolle a asociación a través desta web, para que os usa, canto tempo os garda e que podes facer ti ao respecto. Está escrita para entenderse.
Quen é responsable dos teus datos
- Responsable: Asociación de Trombonistas de Galicia
- CIF: G26901330
- Enderezo: Rúa Inés de Ben, 25 · 15002 A Coruña
- Correo: info@trombonistas.gal
- Inscrición: Rexistro Central de Asociacións de Galicia, número 2026/28382-1
Que datos recollemos e por que
Alta como persoa socia. Recollemos nome e apelidos, DNI ou NIE, data de nacemento, correo electrónico, teléfono, enderezo postal, e os datos do perfil musical que queiras darnos (instrumento, situación, onde tocas). Fan falta para levar o libro de socios, que é unha obriga legal de calquera asociación, e para poder poñernos en contacto contigo.
Cobro da cota. Se domicilias a cota, gardamos o IBAN, o nome e o DNI da persoa titular da conta, e a data do mandato. Sen iso non se pode xerar a orde de cobro.
Persoas menores de idade. Recollemos tamén o nome, o DNI, o correo e o teléfono do pai, a nai ou a persoa titora legal, que é quen autoriza a alta e asina o mandato bancario.
Conta de acceso. Gárdase o teu correo e o teu contrasinal cifrado, para que poidas entrar na túa área persoal.
Inscricións en actividades. Que convocatorias solicitaches, que praza tes e se pagaches.
Formulario de contacto. O que nos escribas e os datos que nos deas para responderte.
Con que lexitimación
- A execución da relación asociativa e o cumprimento dos estatutos, para todo o que ten que ver coa túa condición de socia e co cobro da cota.
- O cumprimento de obrigas legais, para o libro de socios e para a contabilidade e as obrigas fiscais.
- O teu consentimento, para todo o que sexa voluntario: os datos do perfil musical, a difusión de imaxes, ou calquera comunicación que non sexa a propia da asociación. Podes retiralo cando queiras.
- O interese lexítimo da asociación, para informarte das actividades propias mentres sexas socia.
Canto tempo se gardan
Mentres sexas persoa socia, e despois o tempo que esixan as obrigas legais: os datos contables e os xustificantes de cobro, o prazo fiscal e mercantil que corresponda; o resto, o tempo necesario para atender posibles reclamacións.
Cando causas baixa non se borra a ficha de golpe: cámbiase o estado a «baixa» e conservamos o histórico de cotas, porque fai falta para as contas da asociación. Pasado o prazo legal, anonimízase.
A quen se lle comunican
Non vendemos nin cedemos datos a ninguén con fins comerciais. Comunícanse só a quen fai falta:
- A entidade bancaria da asociación, Banco Santander, para presentar as ordes de cobro das cotas domiciliadas.
- A OVH, que garda a información nos seus servidores.
- A Google, para a xestión das contas de correo @trombonistas.gal
- Á Administración pública, cando unha lei o esixa.
Con cada empresa que trata datos por conta da asociación hai que ter asinado un contrato de encargo de tratamento.
Como se protexen
A web garda os datos nunha base de datos con acceso restrinxido. Dentro do sistema, quen ve que está limitado por roles: os datos bancarios só os ve a tesourería, e o IBAN gárdase cifrado, non en texto plano. Cada persoa socia ve os seus propios datos e ningún máis.
Que podes facer
Podes exercer en calquera momento os teus dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento e portabilidade, e retirar un consentimento que deras antes.
Abonda con escribir a info@trombonistas.gal indicando que queres facer. Podemos pedirche que acredites a túa identidade.
Tamén podes reclamar ante a Axencia Española de Protección de Datos (www.aepd.es) se consideras que non atendemos ben a túa solicitude.
Persoas menores de idade
Non se admite a alta de menores de 14 anos sen a autorización do pai, a nai ou a persoa titora legal. No formulario de alta pídese expresamente, e sen eses datos non se completa o rexistro.
Imaxes
Nas actividades da asociación adoitan facerse fotografías que despois se publican nesta web e nas redes. [Describir aquí como se pide o consentimento, como se pode pedir que se retire unha foto, e que pasa coas fotos nas que aparecen persoas menores de idade — isto precisa unha decisión da xunta.]
Cambios nesta política
Se cambia o que facemos cos datos, actualízase esta páxina e faise saber ás persoas socias. A data de arriba indica a última revisión.
Queres exercer os teus dereitos ou preguntar algo?
Escríbenos
