Axenda · Encontro
II Encontro de Trombóns
Dous días de trombón en Cambados: coro, clases individuais, concurso e actividades para ATG Junior e Xuvenil. Con comidas e aloxamento na hospedaxe.
Cando e onde
- Data
- Sábado 19 e domingo 20 de decembro de 2026
- Comeza
- ás 10:00
- Lugar
- Cambados
Despois do I Encontro en Santiago, volvemos xuntarnos. O 19 e o 20 de decembro, trombonistas de toda Galicia, de todas as idades e niveis, compartimos dous días de música en Cambados.
Que haberá
- Coro de trombóns con todas as persoas participantes.
- Clases individuais co profesorado do encontro: Iago Ríos, Esteban Méndez, Rita Fernández, Ricardo Pedrares e Faustino Núñez. Opcionais e con prazas limitadas.
- ATG Junior e ATG Xuvenil: actividades pensadas para quen está no grao elemental e no profesional.
- Concurso, con inscrición á parte: bases e inscrición.
Comidas e aloxamento
Podes quedar na hospedaxe do encontro en pensión completa (xantar e cea do sábado, a noite do sábado, almorzo e xantar do domingo) ou coller só as comidas que che conveñan. Escóllese no momento de inscribirse.
Inscrición
As persoas socias teñen prezo reducido na inscrición, nas comidas, no aloxamento e nas clases. Se aínda non es socia, podes facerte agora e inscribirte xa con prezo de socia. Si te asocias, cobrarémolo antes do encontro pero, inclúe todo 2027!
O programa completo anunciarémolo en breve.
Inscrición
| Socias | Non socias | |
|---|---|---|
| Inscriciónnados en 2007 ou antes | 50 € | 100 € |
| ATG Xuvenilnados entre 2008 e 2014 | 35 € | 100 € |
| ATG Juniornados en 2015 ou despois | 25 € | 100 € |
| Clase individualopcional, unha por persoa | 10 € | 20 € |
| Pensión completaxantar e cea do sábado, aloxamento, almorzo e xantar do domingo | 60 € | 70 € |
| Todas as comidassen aloxamento | 42 € | 50 € |
Tamén se poden coller as comidas e o aloxamento por separado.
As persoas socias teñen prezo reducido e preferencia cando as prazas son limitadas. Faite da asociación.

